6/2/14

COS OLLOS NA LÚA III



O libro é un auténtico éxito porque Noa e Dark din palabras  fermosas. E ademais lino e era precioso e o desexo de Noa e de Dark fixose realidade.
 Sergio

O conto gustoume moito porque ten palabras fermosas e porque a ilustradora e Noemí López. E gustoume porque nós na clase, fixemos unha carta para a Lúa como Noa.E tamén e divertido.
Tamén foi fácil de leer.
 Yesica

O libro é un tanto fermoso,nunca vin algo igual,e tan fermoso,que a nosa clase fixo cartas para a Lúa.O conto "Cos ollos na Lúa" pode que sexa o mellor libro que lín.
 Aroa

O libro e fermoso porque a Lúa,Noa e Dark son soñadores lles encanta soñar.E e agradable e divertido.
 Uxia

As palabras máis bonitas deste libro:


5/2/14

COS OLLOS NA LÚA II

Este libro pareceme moi entretido gustoume moito as cousas que Dark lle contaba á lua e tamén o que Noa escribia nas suas cartas.Ten uns debuxos moi bonitos e foi facil de ler.
Esther
Estivo moi chulo, me gustou cando a lúa era doutra cor como vermello,azul,verde e etc. O meu perxonaxe favorito foi Dark.
 As poesías estuverón xenial me gustou a de as formigas.Noa tamen me gustou cando lle daba cartas a lúa,ela poñialle as suas precupacións. Dark tamén mandaballe cartas,as suas precupacións. Mario
A miña opinión e que o libro non me gustou, me encantou, non tuven parte favorita gustoume todo o de as 47 páxinas, porque a historia de Noa e Dark e moi fermosa.
Dani L
Gustoume moito Dark e Noa, tamen é un conto con pouca letra. Nerea 

A nosa nube de palabras:

4/2/14

COS OLLOS NA LÚA

O libro ´´Cos ollos na lúa´´ é un libro fermoso con ilustracións fermosas. Creo que Noemi Lopez e unha gran artista e que Antonio Garcia Teijeiro e un gran escritor que escribe palabras fermosas.
 Mara


Creo que intenta enseñar un mundo desigual.Ten unha poesias populares e bonitas.Noa enviaballe á lúa  cartas moi bonitas.
Joel

O libro a verdade e que esta moi ben pero me alegro de que todos os seus soños se fagan realidade e que tuveran un  final feliz coma sempre . 
Dani F

Eliximos as  palabras do libro que nos gustaron:


29/1/14

CANCIÓN PARA O DÍA DA PAZ

Todo é posible facendo pequenas cousas cada día, o caso é ter vontade. A convicencia pacífica está nas nosas mans. A cantar!

                           

27/1/14

ESTUDAMOS O KIWI

Aquí temos información variada sobre este froito, a planta, historia, curiosidades... moito que coñecer e saborear:







E así traballamos para resumir e mostrar o que aprendemos:









17/1/14

MARABILLOSA PLANTA CARNÍVORA

Hai dous días Daniel Lamela  trouxo unha  planta  carnívora a clase. Chamase Venus atrapamoscas ou dionea.

Ten as follas con peliños para atrapar os insectos.Encontramos información dela nos libros




A sua orixen América do norte (Carolina).A dionea é unha planta que vive en zonas de moita auga.
Ela saca as sustancias minerais dos insectos  que  atrapa.  Absorbelles o NITRÓXENO.
 A mosca ponse no interior das follas porque lle atrae o  néctar, e as follas pechanse antes  de  que  escape. Tamén atrapa pequenos vermes.



Non a abones, as plantas carnivoras no soportan ningún  tipo de abono. No lle  deas   nada   comer. Non   toques    as  trampas.

Na primavera bota flores pequenas.
Resiste as temperaturas moi frias.

Atopamos este vídeo onde se ve como atrapa un verme:

                             

15/1/14

REPRODUCIÓN DAS PLANTAS

Plantas con flores:



Preme na imaxe para completar as partes da flor




Plantas sen flores: reprodución asexual: