18/10/18

PALABRAS AGUDAS

Chegou a hora de plantarlle cara aos acentos gráficos. Despois de practicar a busca da sílaba tónica, as palabras agudas xa as temos claras, ata falamos en agudo e escribimos historias agudas!!
Agora andamos a practicar a colocación do til nas agudas, como era???
Xoga aquí (desactiva a música e a voz se che molesta)
 
https://www.edu.xunta.es/espazoAbalar/sites/espazoAbalar/files/datos/1294738621/contido/sd01/sd01_oa08/index.html
 

6/10/18

VIAXANDO POLO ESPAZO EXTERIOR

Deseñamos o noso espazo


Cada equipo  a súa nave


Lemos moito para preparar as preguntas que nos atoparíamos na nosa viaxe.


Se respondemos disparates caeremos a un burato negro, do que é moi difícil sair!


Ao remate da viaxe chegaremos á Estación Espacial Internacional, onde nos converteremos en astronautas.

Aí andamos, case chegando.



E finalmente xa somos expertos!

 

12/9/18

CARA NOVAS AVENTURAS

Primeiro día. Empezamos 4º con moitas ganas e unha morea de expectativas. E temos moi claro o que esperamos deste novo curso! 

 Acordamos comezar pola aventura espacial. Así que imos primeiro mirar ao ceo e recoller información. Preme nas imaxes.

https://www.solarsystemscope.com/

http://www.educa.jcyl.es/educacyl/cm/gallery/Recursos%20Infinity/aplicaciones/astronomia/FWK_astronomia_primaria/index.html

 Os números cos que nos imos atopar son moi grandes, a veces ata incomprensibles, imos ter que dar un repaso para estar á altura desta aventura. Voamos!

https://www.matematicasonline.es/recursos/xunta/naturales-hasta-millon/index.html
 

22/6/18

E VELAQUÍ A NOSA OBRA

E así quedou, despois de moito traballiño, a nosa versión de "·Courel" de Jorge Peteiro:

Xa sabemos onde está a serra do Courel e outros lugares de Galicia que pintou Peteiro.
 E démonos conta do ben que nos transmitiu o pintor ese belo lugar

 Para rematar inventamos uns fermosos contiños que ben podían ter ocurrido dentro do cadro.

Lembraremos isto se algún día visitamos o Courel, seguro!

8/6/18

XA TEMOS CADRO

Este é o cadro que imos intentar reproducir no muro do patio: "Courel" de Jorge Peteiro:

 Intentamos reproducilo coa técnica da cuadrícula.



Pero o problema que nos plantexamos na clase de mates foi como agrandar o tamaño do cadro. Puxémonos a pensar...


Démonos conta de que había que medir o muro!

E cada equipo tomou nota das súas ideas:

Agora haberá que poñelas en común e tomar decisións!

20/5/18

TAREFA: PINTAR O MURO

Chegou o momento de adicarnos á pintura mural, agora que xa vai bo tempo.
Este é o pintor que nos toca representar á nosa clase:


Para comezar temos que informarnos ben, farémolo así:
Números 1: Quen é este pintor? Onde  viviu? Onde, como e con quen aprendeu e traballou?
Números 2: Como é a súa pintura? Cando e onde presentou o seu propio estilo?  Que títulos destacaríades despois de ver os seus cadros?
Números 3 (e 4 no equipo de 4) Como conseguir as cores que precisemos a partir das cores primarias das que imos dispoñer? Que tipos de cores hai?


Logo voltaremos ao noso equipo cadaquén coa información obtida e contarémoslla. Resumiremos con lapis ao centro, para despois facer o panel informativo que acompañe ao noso cadro. 


15/5/18

MENSAXES DO PASADO

Aprendemos as etapas da Historia e fomos colocando diferentes  producións artísticas  no seu lugar do tempo: as que se amosaron no proxecto da escola, as que vimos no museo de Pontevedra e outras que investigamos nos libros. Son fontes históricas que nos aportan información sobre a vida nas diferentes épocas.