23/2/14

A CANCIÓN PARA O ENTROIDO

Chega o Entroido e preparamos disfraces e cancións. Xunto con todo o cole faremos unha representación dos servizos públicos do Concello, a nós tocounos o persoal de mantemento, esas persoas que fan que todo estea limpo e que o día a día da vila e as parroquias funcione adecuadamente. 
Esta é a nosa canción, baseada na melodía que nos proporcionou a profe de música (Llegó el cartero de Carlitos Bala).





Agora a practicar:

Chegan os traballadores
os que coidan do teu pobo
pra que todo estea en orden
e alegrar a vida a todos

Xardineiros, varrendeiros,
pintores e fontaneiros,
albaneis, electricistas
a ver quen chega primeiro.

Se nos axudas é máis fácil traballar
limpar, varrer, recoller e acender,
plantar, regar, colocar e arranxar
 e así vivir xuntos aquí será un pracer


6/2/14

TÁBOAS DE MULTIPLICAR

Por se vos gusta e pode axudar un pouquiño:

          


E para practicar:



COS OLLOS NA LÚA IV

A min pareceme que o conto e moi bonito .
Noa parecese a min , é bulideira é agarimosa.
O conto esta moi ben  ilustrado . E as suas frases me encantaron como a de "  o can  tiña unha nena e a nena , claro,  tiña un can".

Laura

Este libro e precioso.Me gustou todo.Quero felicitar a Antonio García teijeiro e a Noemí López porque fixeron un conto precioso e polos debuxos e as palabras preciosas.

Carmen

Me encanta este libro porque ten palabras bonitas a Dark se lle cumpriu o seu soño de que a lúa fose branca e negra. Encantoume o poema da tola, este libro foi fermoso e me encantou moitisisimo 
Daniela.

As palabras do libro:

COS OLLOS NA LÚA III



O libro é un auténtico éxito porque Noa e Dark din palabras  fermosas. E ademais lino e era precioso e o desexo de Noa e de Dark fixose realidade.
 Sergio

O conto gustoume moito porque ten palabras fermosas e porque a ilustradora e Noemí López. E gustoume porque nós na clase, fixemos unha carta para a Lúa como Noa.E tamén e divertido.
Tamén foi fácil de leer.
 Yesica

O libro é un tanto fermoso,nunca vin algo igual,e tan fermoso,que a nosa clase fixo cartas para a Lúa.O conto "Cos ollos na Lúa" pode que sexa o mellor libro que lín.
 Aroa

O libro e fermoso porque a Lúa,Noa e Dark son soñadores lles encanta soñar.E e agradable e divertido.
 Uxia

As palabras máis bonitas deste libro:


5/2/14

COS OLLOS NA LÚA II

Este libro pareceme moi entretido gustoume moito as cousas que Dark lle contaba á lua e tamén o que Noa escribia nas suas cartas.Ten uns debuxos moi bonitos e foi facil de ler.
Esther
Estivo moi chulo, me gustou cando a lúa era doutra cor como vermello,azul,verde e etc. O meu perxonaxe favorito foi Dark.
 As poesías estuverón xenial me gustou a de as formigas.Noa tamen me gustou cando lle daba cartas a lúa,ela poñialle as suas precupacións. Dark tamén mandaballe cartas,as suas precupacións. Mario
A miña opinión e que o libro non me gustou, me encantou, non tuven parte favorita gustoume todo o de as 47 páxinas, porque a historia de Noa e Dark e moi fermosa.
Dani L
Gustoume moito Dark e Noa, tamen é un conto con pouca letra. Nerea 

A nosa nube de palabras:

4/2/14

COS OLLOS NA LÚA

O libro ´´Cos ollos na lúa´´ é un libro fermoso con ilustracións fermosas. Creo que Noemi Lopez e unha gran artista e que Antonio Garcia Teijeiro e un gran escritor que escribe palabras fermosas.
 Mara


Creo que intenta enseñar un mundo desigual.Ten unha poesias populares e bonitas.Noa enviaballe á lúa  cartas moi bonitas.
Joel

O libro a verdade e que esta moi ben pero me alegro de que todos os seus soños se fagan realidade e que tuveran un  final feliz coma sempre . 
Dani F

Eliximos as  palabras do libro que nos gustaron: